Dum Tempo Hasta Sempre Luar Na Lubre
Intro:
Vese voar
unha moura soidade
que vai xurdindo
baixo o solpor;
sombras que doan seu alento
seu alento
e transforman o ar
nun incerto mencer;
voces que son
as pegadas dun tempo,
eco de doces
acordes de alalás.
Alaleroleroa Alaleroleroa Alaleroleroaaaaaaaaaa
Alaleroleroa Alaleroleroa Alaleroleroaaaaaaaaaa
Cando atoparemos
druidas envoltos
nos fumes das lubres
no bosque de Emaín;
e o val enfeitizado
polas sombras que ainda emerxen
da última noite,
noite de luar.
Soños galopando
xa rachan co silencio
e o vento asubía
acordes de alalás.
Alaleroleroa Alaleroleroa Alaleroleroaaaaaaaaaa
Alaleroleroa Alaleroleroa Alaleroleroaaaaaaaaaa
Aún no hay comentarios,
¡escribe el primero!Para hacer una pregunta o dejar un comentario sobre esta canción, debes estar LOGUEADO
Usamos cookies. Leer más