Luis Emilio Batallan: Ahi ven o Maio
------------------------------------
Ahi ven o maio de frores cuberto
puxeronse a porta cantandome os nenos
os puchos furados pra min extendendo
pedironme crocas dos meus castiñeiros.
Ah,ah,ah,ah, ah,ah,ah,ah.
Pasai rapaciños calados e credos
que o que é polo de hoxe que darvos non teño
eu sonvos o probe: o povo galego
pra min non hai maio,pra min sempre é inverno.
Ah,ah,ah,ah, ah,ah,ah,ah.
Cando eu me atopare de donos liberto
que o pan non mo quiten,trabucos e prestemos
que,coma os do abade, frorezan meus eidos
chegado haberá enton o maio que eu quero.
Ah,ah,ah,ah, ah,ah,ah,ah.
Queredes castañas dos meus castiñeiros
cantademe un maio sen bruxas nen demos
un maio sen segas, usuras nen preitos
Louro´04
Aún no hay comentarios,
¡escribe el primero!Para hacer una pregunta o dejar un comentario sobre esta canción, debes estar LOGUEADO
Usamos cookies. Leer más